TRANSCRICIÓN DAS DECLARACIÓNS DE PEDRO PUY SOBRE AS RESPONSABILIDADES NO PRESTIXIO DO PARLAMENTO


PREGUNTA

RESPOSTA: “Non creo que o Parlamento se estea degradando. O que si é certo é que o prestixio social do Parlamento non é responsabilidade exclusiva nin do Presidente da Xunta, que o é; non é responsabilidade exclusiva da Presidenta do Parlamento, que tamén ten que intentar conseguilo; tampouco é responsabilidade exclusiva dos portavoces, que tamén temos moita responsabilidade para conseguila; tamén é responsabilidade do conxunto dos deputados e, si me apuran, tamén é responsabilidade do conxunto da sociedade, e particularmente dos medios de comunicación reflectindo o que aquí se fai na Cámara.

Polo tanto, unha responsabilidade compartida e, desde logo, eu e o meu grupo, empezando polo Presidente, que tamén é Presidente do Grupo, e ata o último deputado, estamos pola labor de conseguir que o Parlamento transmita á sociedade o moito que se está a facer aquí e o faga dentro das canles da cortesía e da civilización, que neste caso moitas veces excede o que é a propia parlamentaria. Se trata simplemente de cuestións de educación que, loxicamente, motivan interese e motivan expectación, pero que no fondo non reflicten o que se fai nesta Cámara de luns a venres, pola mañá e pola tarde”.


PREGUNTA

RESPOSTA: “Dixen que os medios de comunicación, supoño que estarán de acordo comigo, teñen unha responsabilidade social ao seu nivel para prestixiar as institucións democráticas, do mesmo xeito que o teñen os grupos parlamentarios e outras forzas políticas e sociais que inciden na conformación da opinión pública.

O que digo é que a responsabilidade da situación no Parlamento non é exclusiva do Presidente, aínda que ten; non é exclusiva da Presidenta da Cámara, aínda que ten; é unha responsabilidade que comparten todos os grupos, os deputados, que comparte a sociedade, que comparten tamén os medios de comunicación. O único que digo é que o prestixio social da Cámara depende de todos nós, non exclusivamente dun Presidente ou unha Presidenta, e creo na función social dos medios de comunicación. Agora non vou eu aquí a estenderme sobre a importancia que desempeñan no sistema democrático, porque é sabida por todos”.


PREGUNTA

RESPOSTA: “Hai debates que non obedecen xa non as normas de cortesía parlamentaria senón simplemente a cuestións máis básicas de educación, e que non teñen digamos unha xustificación nin na Cámara nin noutro contexto social. Hai que tratar de evitalos, simplemente.

Reply · Report Post